luns, 30 de marzo de 2015

A curación de contidos na estratexia social media


Coa chegada da Internet revolucionouse por completo o mundo da información. Nun período curto de tempo, pasamos de procurar información nos dicionarios enciclopédicos ou en libros e revistas de temática especializada, a que cun par clics en Google accedamos a unha abrumadora cantidade de datos que poden chegar a ocasionar unha incrible saturación de información. 

Unha mostra deste elevado fluxo da información, pódese visionar neste video onde explica de forma gráfica o que acontece en internet en 60 segundos.


E como procesar toda esa información? Desta interrogante xorde a lóxica da existencia da Curación de Contidos

O concepto de curación de contidos ou content curation empezou a soar con forza desde o ano 2009 grazas á definición dada por Rohit Bhargava nun dos seus posts. Segundo Bhargava, un curador de contidos ou content curator, é alguén que continuamente atopa, agrupa, organiza, valora e comparte o contido máis relevante sobre un tema específico en Internet, e que Antonio Bauzano define como Community Curator. Para realizar tal traballo hai ferramentas que nos axudan, ben co seguimento de contidos, ben co filtrado, optimizado ou programado dos mesmos. Trátase en definitiva dun potente antibiótico contra a infoxicación que actualmente padece a rede.



 Infografía realizada por Ready4Social.
Infografía realizada por Ready4Social