venres, 12 de xuño de 2015

... seguimos cos contos para o PELO

DATOS DO CONTO


Nome: OH!
Autor e ilustrador: Josse Goffin
Editorial: Kalandraka


Resumo do conto
Oh! é un conto sen texto, con fondo branco, no que aparecen ilustraciónes moi sinxelas, pero cando despregamos a páxina atopamos outra imaxe distinta que sorprende ao lector e anuncia a seguinte. A súa proposta gráfica ten ademais da sencillez un toque de humor. Oh! gañou o Premio Gráfico da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia en 1993.

E para rematar escoitamos, cantamos e bailamos esta canción do Crocodilo de Susa Herrera.