venres, 24 de abril de 2015

Remata o curso de Creación de Ambientes persoais de aprendizaxe...

Todo comezou coa idea de seguir aprendendo...

O ano pasado fixen dous cursos sobre as NNTT e a frustración chegou cando era imposible partir dos coñecementos propios para seguir crecendo en contidos. Os mestres non deixaron que o desánimo fose un lastre no curso, así que nos animaron a realizar uns cuestionarios que hai na plataforma Platega e desta forma poderíamos optar a cursos máis especializados.

Así xurdiu a elección do curso "Creación de ambientes persoais" e o inicio da ampliación do meu PLE,  que é o Entorno Persoal de Aprendizaxe. Está formado por un conxunto de ferramentas que eu mesma xestiono e controlo para seguir aprendendo. E podo dicirvos que foi todo un descubrimento!

A continuación, podedes ver o meu PLE que está organizado dende a aplicación Symbaloo:



Pero semana tras semana non deixei de aprender e de estar enganchada a máis ferramentas do mundo 2.0. O curso desenvolveuse ao longo de dous meses, nos que traballamos as seguintes ferramentas:

  • A Bitácora que volvín a actualizar e non quero volver a esquecer. 
  • As presentacións dinámicas con Prezi
  • No 2011 fixen a conta con Twitter e ahí se quedou. Hoxe podo decir que gracias ao curso afeccioneime ao seu uso. 
  • Despois traballamos con Feedly que permite organizar páxinas e bitácoras por contidos e así acceder rapidamente á información cando hai algunha actualización.
  • Noutro dos módulos utilizamos a ferramenta Diigo, que permite xestionar a información, a posibilidade de crear marcadores e seleccionar textos. Pareceume interesante.
  • Outra ferramenta que quería comezar a usar foi Pinterest, o gran acceso a outros materiais e información doutros compañeir@s xa me converteu nunha adicta.
  • Outra das actividades do curso foi formar unha comunidade virtual. Podedes vernos en Facebook ou en Pinterest co nome de "Atención á diversidade" e en Twiter coa etiqueta  #atenciónádiversidade. Nun curso on-line onde pensas que a interacción con compañeir@s non vai ser posible... vai e formamos unha gran comunidade que espero que perdure moito despois deste curso. E trataremos de seguir crecendo...
  • A través de Google Drive, Google Sites e Dropbox compartimos información sobre a atención á diversidade do noso alumnado.
Pero todo isto non fai máis que comezar. O día 27 rematamos o curso pero a andaina na comunidade colaborativa espero que perdure no tempo.


Grazas aos compañeir@s e aos titores por facer desta formación unha forma diferente e motivadora de aprender.

... e así remata esta entrada na bitácora, pensando que non é un final, senón unha continuación para seguir ensinando aos nosos alumn@s.