martes, 31 de outubro de 2017

Samaín


Na aula de AL decidimos decorar as fiestras con imaxes relacionadas co Samaín.



Co alumnado de EI realizamos marionetas cas que logo xogamos cambiando as voces para que soaran como unha meiga, un esquelete... así traballamos o vocabulario específico do Samaín e o vocabulario do fonema que teñen alterado.




Xogamos cos "rotuladores máxicos" para mellorar a forza e control do sopro e decoramos a casiña das cabazas.

E por último, traballamos a numeración realizando un móbil de arañas.


luns, 2 de outubro de 2017

Programa de ortografía


Ao longo do curso, co alumnado de 6º EP que acude a apoio de AL, imos desenvolver un programa de mellora da ortografía. 

Comezamos compoñendo un ACRÓSTICO co nome de cada alumno/a e con adxectivos que definan o seu carácter. Logo o utilizaron para decorar un sobre.

Ao longo das sesións, este sobre conterá aquelas palabras que presentan maior dificultade ortográfica e así estimular a aprendizaxe visual e que formen parte do seu almacén léxico.