mércores, 20 de maio de 2015

Contos do PELO

O Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO) vai dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil co obxectivo de previr e detectar posibles alteracións da fala, fomentando o correcto desenvolvemento da mesma.
Os contos que utilizo nas miñas sesións de PELO, axúndanme a estimular a linguaxe oral e tamén a favorecer o desenvolvemento cognitivo (en concreto os procesos cognitivos básicos: atención e memoria) e a socialización na aula.
A través dos contos, o alumnado vai descubrindo un mundo que os rodea:
"Espérannos mares descoñecidos, illas do tesouro, misteriosos acantilados, viaxes submarinos e espléndidos amenceres: anímaste a navegar?"
Traballaremos compoñentes e prerrequisitos lingüísticos de forma lúdica e sinxela a través de praxias, soplo, respiración, relaxación, conciencia fonolóxica, das dimensións da linguaxe.
A través da lectura e o uso das TIC e das TAC (Tecnoloxías da Aprendizaxe e do Coñemento) faremos as sesións máis entretidas e lúdicas, xa que a lectura e as TIC-TAC son como o mar e a terra, son o noso contorno nunha sociedade onde a lectura e a tecnoloxía achégannos á sociedade do coñecemento.


DATOS DO CONTO


Nome: Un poco de mal humor.
Autor e ilustrador: Isabelle Carrier
Editorial: Juventud


 Resumo do conto
Cando se coñecen, Pit e Pat enseguida se volven inseparables. Rin, xogan... enténdense moi ben e cren que, se están xuntos, sempre serán felices. Pero, co tempo, empezan a estar en desacordo, a botarse as culpas, e mesmo a enfádanse. Pouco a pouco, o mal humor vai crecendo, ata chegar a separalos. Finalmente, Pit e Pat saberán atopar unha solución con moita sabedoría.
  Logo de "O cazo de Lorenzo", un delicado álbum sobre a diferenza, Isabelle Carrier continúa a súa exploración dos sentimentos con esta historia das relacións, chea de humor e ilustrada na mesma liña que "O cazo" ou "Detrás do muro". Os debuxos e a simplicidade do texto son todo un acerto.


DATOS DO CONTO

Nome: Por 4 esquinitas de nada.
Autor e ilustrador: Jérôme Ruillier
Editorial: Juventud




Resumo do conto
"Cadradiño" quere xogar con todos os seus amigos "Redondiños" na casa grande pero, a porta é redonda e non pode pasar. Entón, os Redondiños tratan de atopar unha solución e conseguir que Cadradiño poda entrar na casa grande. Primeiro pídenlle que sexa Cadradiño o que cambie, pero despois de varios intentos... chegan a solución de que Cadradiño non é o que ten que cambiar, senón que é a porta.




DATOS DO CONTO

Nome: Os petos de Loreto.
Autor e ilustrador: Quentin Blake
Editorial: Kalandraka



Resumo do conto
A señora Loreto ten un abrigo cheo de petos. Un deles para os ratos, outro para o queixo e, por se alguén esbirra... Loreto ten un montón de petos. Que gardará? Un relato rimado, que nos permitirá encher os seus petos de imaxes para traballar os diferentes fonemas e lles permitirá imaxinar que cousas queren ter nos seus petos.




DATOS DO CONTO

Nome: No hace falta la voz
Autor e ilustrador: Armando Quintero & Marco Somá
Editorial: OQO


 No hace falta la voz


Resumo do conto
“Non fales a non ser que poidas mellorar o silencio”, advertiu Jorge Luís Borges ante un excesivo valor das palabras. Canto máis nos poden transmitir un xesto, un aloumiño, unha mirada cómplice? Tal e como nos lembra Armando Quintero neste álbum; non fai falta a voz para mostrar cariño ou dicir cousas bonitas como quérote...

O contacto físico como mostra de afecto é imprescindible para o desenvolvemento emocional dos pequenos: dálles seguridade, favorece a súa autoestima e mellora a confianza en si mesmos e tamén nos demais. Neste aspecto, inciden tanto o texto de Armando Quintero Laplume como as imaxes de Marco Somá.