mércores, 20 de decembro de 2017

Despega o foguete!!

Nas sesións de Audición e Linguaxe traballamos o sopro. Así os nosos pequen@s logran mellorar a forza, a dirección e adquirir un control óptimo cando se expresan oralmente. 

Unha das actividades que realizamos foi a de poñer en marcha o noso foguete!




















Ademais de traballar o sopro, tamén favorecemos a aprendizaxe da competencia matemática, tratando de lembrar a numeración cara atrás: 10-9-8... DESPEGUE 🚀. 

 





Os monstruos apoderáronse da porta de AL

Despois de moito investigar, un novo recurso entra nas nosas vidas. 



Por todos é sabido a importancia de crear un ambiente positivo de aprendizaxe para os nenos e nenas e no que eu tamén disfruto. Ademais resulta moi motivante ver como o alumnado aprende sen decatarse, a través do xogo.

ClassDojo é unha ferramenta de gamificación educativa que nos permite, a min e ao alumnado, administrar o traballo e o seu comportamento na aula mediante unhas puntuacións. Ao longo das sesións, indicaremos a asignación dos puntos (positivos ou negativos) que poderán intercambiar segundo os acordos consensuados na aula.



domingo, 17 de decembro de 2017

Traballamos as trabadas

Recollo o seguinte Symbaloo, realizado por Patricia Pena, gran mestra de grandes (opositores) e pequenos. Aínda que pasen anos sen vela, o seu traballo segue a darme ideas para continuar disfrutando desta marabillosa profesión.

luns, 11 de decembro de 2017

Novo material para as aulas de Educación Especial

A Fundación Barrié e o Grupo Promedia SMPE desenvolveron unha nova aplicación para axudar ao alumnado que presente dificultades de expresión mediante a linguaxe oral.

Para a aula de Audición e Linguaxe encontramos numeroso material didáctico para motivar ao alumnado con esta nova ferramenta que reune numerosos recursos descargables.

Ademais, poderemos crear material apoiándonos en vídeos, imaxes, textos e traducir todo a pictogramas do proxecto ARASAAC.




Posto que xa chega o nadal, empregaremos o seguinte recurso orientado, desta volta, a aprendizaxe do vocabulario do recurso ¡Llega la Navidad!.


Ademáis, inclúe información para os profes e as familias facilitando moitos recursos que complementan as actividades propostas.