luns, 25 de setembro de 2017

Curso 2017/2018


De novo, un ano máis, o CEIP Princesa de España ábrelle as portas aos seus nenos/as, aos seus mestres e a todos/as os que nos acompañades ao longo do curso escolar. Comezamos este novo curso 2017/18 con moita ilusión e coa principal finalidade de axudar a crecer a todos os cativos/as.

Neste senso e, desta volta, dirixíndonos ao alumnado de Educación Infantil, achegámosvos o seguinte tríptico, orientado a desenvolver a sobreestimulación da linguaxe oral dos nosos pequenos/as: