martes, 31 de outubro de 2017

Samaín


Na aula de AL decidimos decorar as fiestras con imaxes relacionadas co Samaín.



Co alumnado de EI realizamos marionetas cas que logo xogamos cambiando as voces para que soaran como unha meiga, un esquelete... así traballamos o vocabulario específico do Samaín e o vocabulario do fonema que teñen alterado.




Xogamos cos "rotuladores máxicos" para mellorar a forza e control do sopro e decoramos a casiña das cabazas.

E por último, traballamos a numeración realizando un móbil de arañas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario