xoves, 16 de novembro de 2017

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Con motivo do 25 de novembro pretendo desenvolver diferentes accións que fagan que o alumnado medite sobre os roles de xénero que están instaurados e arraigados na nosa sociedade. A intención é que o alumnado sexa quen de recoñecer estes roles de xénero e reflexionar sobre a necesidade de modificar eses pensamentos, condutas e accións de cara a lograr unha posición igualitaria da muller na nosa sociedade.

Unha das primeiras actividades ten que ver coa Historia de María e Carlos



Mentres imos descubrindo a historia de María e Carlos, o alumnado contará cun dossier no que terán que debuxar as diferentes situacións que viven os protagonistas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario