domingo, 22 de febreiro de 2015

Ambientes Personais de Aprendizaxe

O 9 de febreiro comecei un curso novo: Creación de Ambientes Persoais de Aprendizaxe. 

Na sociedade actual, baseada nas Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento, a Web 2.0 e as redes sociais convértense no gran fenómeno da comunicación.

No proceso de Ensino-Aprendizaxe é importante construir un Ambiente Persoal de Aprendizaxe (Persoal Learning Environment - PLE) para entrar en contacto con outros profesionais e crear unha comunidade virtual, é dicir, unha rede persoal de aprendizaxe. Con este curso pretendo mellorar a miña competencia dixital e comezo o modulo I co esquema do meu PLE:


O meu PLE

Linda Castañeda e Jordi Adell aproxímanse ao concepto de desenvolvemento profesional docente entendido como un proceso de aprendizaxe socio-cultural baseado na participación e a reflexión práctica, o papel que xoga o concepto de PLE, no libro: "Entornos persoales de aprendizaje: Claves para el ecosistema educativo en red":



Xa fai un ano que teño este Blog que foi creado para desenvolver as miñas sesións do Programa de Estimulación á Linguaxe Oral (PELO) en Educación Infantil, xa que era máis doado levar o material na nube que ir cargada de materiais entre os centros nos que o desenvolvín.
No segundo módulo do curso traballamos co Blog e recordo que para resolver as miñas dúbidas utilicei o video que a continuación se pode ver:




Despois do tempo que levaba sen escribir foi moi interesante poder acceder á información dunha forma concreta e pormenorizada no manual de Blogger:

 Manual Blogger
Manual Blogger
E nunca nos olvidemos que debemos actualizarnos e reciclar os nosos coñecementos xa que para ser mestr@s nunca debemos deixar de aprender se o noso sono é enseñar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario